jueves, 27 de marzo de 2008

O PROGRAMA DA 13ª MITEU

13ª MITEU - PROGRAMA - ABRIL 2008

VE 11: ROSAURA - OURENSE: OLLAR O MUNDO : 19’00:
RÚA PASEO
VE 11: NANNY COGORNO - ARXENTINA: JUJURUJAJÁ: 19’45:
RÚA PASEO
VE 11: MISS VERO - ARXENTINA: DIVINA DE LA MUERTE: 19’45:
RÚA PASEO
VE 11: CORDELIA - OURENSE: Á DERIVA: 21’00:
PRINCIPAL
VE 11: QUICO CADAVAL: A VIDA DURA: 23’00:
PRINCIPAL

SA 12: AULA DE T. DE ALICANTE: EL BLUES DE MACKY NAVAJA: 20’30:
PRINCIPAL
SA 12: STRANNIKI-BIELORRUSIA-UCRAÍNA: MÚSICAS DO MUNDO: 23’00
AUDITORIO
SA 12: AULA DE TEATRO DE ALICANTE: SOL@ ANTE EL PELIGRO: 01’00
CAFÉ AURIENSE

DO 13: AULA DE TEATRO DE BADAJOZ: QUE MÁS DA: 20’30:
PRINCIPAL
DO 13: O SONORO MAXÍN: CONCERTO: 23’00
AUDITORIO

LU 14: COLECTIVOS OURENSÁNS: ROTEIRO O VOLTER: 19’00
RÚAS DA CIDADE
LU 14: T. SOCIAL C.P. P. DE AGUIAR: SEMPRE HAI ALTERNATIVAS: 21’00
PRINCIPAL
LU 14: DAVID AMOR: NON CENSURE: 23’00
PRINCIPAL

MA 15: TEATRO RASTILHO - LISBOA: OTHELLO: 20’30:
PRINCIPAL

ME 16: AULA DE TEATRO DE SANTIAGO: AS RAÍÑAS: 20’30
PRINCIPAL
ME 16: CHE Y MOCHE - ZARAGOZA: OUA-UMPLUTE: 23’00:
AUDITORIO

XO 17: MÚSICOS DA INDIA – OM/OFF: Sociedade e arte na India: 19’00:
TORGA
XO 17: AULA DE TEATRO DA CORUÑA: UBÚ REI : 20’30:
PRINCIPAL
XO 17: LEO BASSI: LA REVELACIÓN: 23’00:
AUDITORIO

VE 18: CITAC - COIMBRA: O AVARENTO: 20’30:
PRINCIPAL
VE 18: MÚSICA INDIA – OM/OFF: CONCERTO: 23’00:
AUDITORIO

SA 19: DESCANSO --- --- ---

DO 20: AULA DE TEATRO DE ZARAGOZA: LAS 3 HERMANAS: 20’30:
PRINCIPAL

LU 21: AULA DE TEATRO DE PONTEVEDRA : TOP GIRLS: 20’30:
PRINCIPAL

MA 22: AULA DE TEATRO DE LUGO: A RONDA: 20’30:
PRINCIPAL

ME 23: MAUVAISE COMPAGNIE... - BÉLXICA: PARTITION D’UN...: 20’30:
PRINCIPAL
ME 23: AULA DE VALENCIA: EL DÍA QUE BERTOLT BRECHT...: 23’00:
CAMPUS

XO 24: PUNTO CLOWN - VALENCIA: VIDA CLOWNYUGAL: 20’30:
PRINCIPAL

VE 25: TEATR’UBI - COVILHÂ: POSSO AVANÇAR?...: 20’30:
PRINCIPAL
VE 25: AULA DA AUTÓNOMA DE MADRID: ENEMIG@S: 23’00:
CAMPUS

SA 26: GRETUA - AVEIRO: OS FEIOS: 20’30:
AUDITORIO
SA 26: MARICASTAÑA - OURENSE: 84: 23’00:
PRINCIPAL

DO 27: TEATRO EST. INTERNAL. – EEUU: SEX ON THE BEACH: 20’30
AUDITORIO

--------------------------------------------------------

Do 11 ao 27 de abril
Exposición de Miguel Dacosta no Teatro Principal:
“Somos poldros indomables para ben ou para mal,
prefiro ser “cuatrero” que tapón da lei”.

Todos os días coloquio ao remate das representacións das 20’30.

Todos os días encontros coa prensa e os distintos grupos no Liceo ás 12’00.

Días 12-13-18-19-20-25-26 “Os motarras da MITEU" polo Paseo.

Día 27 de abril ás 23’00 no Teatro Principal: Premios "Carlos Couceiro"





***************************************************************************


LUNS 11 DE ABRIL

GRUPO ROSAURA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO OLLAR O MUNDO
LUGAR ESCAPARATES DA RÚA DO PASEO
HORA 19’00
TARIFA LIBRE

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ACTORES
Miguel García Nogales, Argentina Vázquez Fariña, Alfonso García Fuentes, Antón López-Valeiras, María Bagaría Frá, Rocío Venancio Martínez, Alex Contreras Cid, Sandra Muiños, Ángela González Fernández, Laura González Borrajo, Marta González Lorenzo, Silvia Piña González, Beatriz Seoane Juíz

MÚSICA
O Sonoro Maxín

IDEA ORIXINAL E DIRECCIÓN
SABELA GAGO

Transformar o cotián para implicar ao viandante nunha acción urbana que mira arredor con outros ollos.

***

GRUPO NANNY COGORNO
PROCEDENCIA ARXENTINA
ESPECTÁCULO JUJURUJAJÁ, EL DESASTRE CONTINÚA
LUGAR RÚA DO PASEO / XARDÍNS PADRE FEIJOO
HORA 19’45
TARIFA LIBRE

Nanny Cogorno é un pallaso arxentino formado na Escola do Circo de Brasil. Os seus espectáculos chegaron a festivais de todo o mundo. Combina o humor con malabares, provocación, improvisación, equilibrio… “Nada como o Tempo para perdelo”

***

GRUPO MISS VERO
PROCEDENCIA ARXENTINA
ESPECTÁCULO DIVINA DE LA MUERTE
LUGAR RÚA DO PASEO
HORA 19’45
TARIFA LIBRE

Miss Vero presenta o seu novo e revolucionario sistema para estar en forma no que decidíu incluir unha serie de disciplinas como o karate, o monociclo, a globoflexia, diversos equilibrios e algunhas sorpresas. Unha combinación á que se engade o riso.

***

GRUPO CORDELIA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO Á DERIVA
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 21’00
TARIFA 2 €

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ACTORES
Natalia Forján, Andrés Pombo, Ana Álvarez, Patricia Alonso, Carol Casares, Patricia Ortigueira, Manuela Casal, Paco J. Daza, Rober Montesinos, Raquel Álvarez, Ledicia Piñeiro, Dori Feijoo, Raquel Lois Gómez

TECNICOS DE MONTAXE, LUZ E SON
Rubén Dobaño, José Manuel Bayón, David Varela

ESPAZO ESCÉNICO, DESEÑOS, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
ELENA SEIJO e FINA CALLEJA

Personaxes que van á deriva, que senten o baleiro das súas vidas. Personaxes que xa non queren escoitar máis palabras negras, que só queren escoitar palabras que de verdade aloumiñen. Personaxes que aínda teñen coraxe para erguerse todos os dias. Personaxes que xa non agardan.

***

ACTOR QUICO CADAVAL
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO A VIDA DURA
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’00
TARIFA 2€

Cadaval nace en Ribeira, na Ría de Arousa, onde Deus apoiou o dedo anular no seu día de descanso (o séptimo). O feliz natalicio producíuse no ano catro a.m.m.m. (antes da morte de Marilyn Monroe) nunha taberna, na que medrou. Na súa infancia convivíu con mariñeiros que estraían maxicamente bacallaos salgados dos seus pantalóns, quincalleiras que revelaban a berros a orixe da vida mentres devoraban carne asada e anciás que conseguían orinar de pé con precisión de cirurxiás. Polo modo que ten que falar de sí mesmo semella que non ten avoa, pero tívoa e nótaselle moito…

*****
*****
*****

SÁBADO 12 DE ABRIL

GRUPO TEATRO UNIVERSITARIO DA UNIVERSIDADE DE ALICANTE
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO EL BLUES DE MACKY NAVAJA
AUTOR Unha farsa de JUAN LUIS MIRA baseada en textos de Tábano, John Gay y Bertolt Brecht
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ACTORES
Arturo Colados, Yolanda Amores, Leticia Garrigós, Dani Sirvent, Marta Méndez, Inés Pombo, Roberto Bru, Raquel González, Pablo del Val, Andrea Meliveo, Lucía Sánchez, Gabriel Estañ, Santi García, Alejandro Blasco, Mer Martínez Abarca, Chelo Donate, Carlos García, Ana Polo, Silvia Vázquez, Nando Arroyo, Alicia Moreno, Enrique Aparicio, Juan Schaffer “Sonny”, David Parra, Ángeles Arratia, Diana Sánchez, Esther Zarzoso, Inés Carballo, Laura Domenech

ESPAZO ESCÉNICO Inés Carballo e Andrea Meliveo
VESTIARIO Raquel González e Ana Polo
ATREZZO Laura Domenech e Inés Pombo
DESEÑO CARTEL Nene
FOTOGRAFÍA Dani Sirvent e David Parra
CANCIÓNS Juan Luis Mira
MÚSICA EN DIRECTO Lucía Sánchez, Carlos García e Enrique Aparicio
COLABORACIÓN MUSICAL José P. Sánchez Limiñana
COORDINACIÓN MUSI. Lucía Sánchez
COORDINACIÓN TÉCNICA Visisonor
PRODUCIÓN EXECUT. Chelo Donate e Mer Martínez Abarca
DESEÑO LUZ Juan Luis Mira
COREOGRAFÍAS Pedro del Rey
ASISTENTES DIRECCIÓN Andrea Meliveo e Alejandro Blasco

PRODUCIÓN Universitat d’Alacant. Vicerectorat d’Extensió Universitària

DIRECCIÓN
JUAN LUIS MIRA

***

GRUPO STRANNIKI
PROCEDENCIA BIELORRUSIA- UCRAÍNA-GALICIA
ESPECTÁCULO MÚSICAS DO MUNDO (CONCERTO)
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€

COMPOÑENTES
Sasha – Violín
Vadim – Acordeón e voz
Yuri – Baixo acústico
Totó – Guitarra
Antonio – Percusión

Grupo que nace no ano 2000 da unión de Vadim (Conservatorio de Minsk, solista e acompañante da Orquestra de instrumentos folclóricos da Universidade de Bielorrusia) e Yuri (Conservatorio de Minsk, profesor e músico en varios grupos de Minsk). No 2003 chega Sasha, ucraíno, coa súa experiencia orquestral e con grupos de música tradicional dos Cárpatos. Por último incorpóranse un guitarrista lucense especializado en flamenco, Totó, e Antonio, percusionista de Ferrol. Resultado: variedade e riqueza, temas populares rusos, jazz, latinos, orientales, bandas sonoras, autores clásicos… con arranxos propios que personalizan as versións que interpretan.

***

GRUPO TEATRO UNIVERSITARIO DA UNIVERSIDADE DE ALICANTE
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO SÓL@ ANTE EL PELIGRO (Monólogos para a noite golfa)
TEXTOS MARIO HERNÁNDEZ, PASCUAL CARBONELL, NENE, RAQUEL GONZÁLEZ, AMÍN HAMADA
LUGAR CAFETERÍA AURIENSE
HORA 25’00 (1 da madrugada do sábado para o domingo)
TARIFA ENTRADA LIBRE. Pago da consumición

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ACTORES
Mario Hernández, Leti Garrigós, Raquel González, Efmann Shafer y Amín Hamada

DIRECCIÓN
JUAN LUIS MIRA

Respostas en menos de 8 minutos desde a ilóxica teatral a preguntas como: Teñen os inodoros un compoñente de reivindicación social?, Son racistas os testículos?, Que é un morólogo?, Pode alguén casar ata cansar?, Son tan listos os madrileños como din?… Monólogos que coallaron despois de sete anos dunha maratón que enche de humor a noite alicantina.

*****
*****
*****

DOMINGO 13 DE ABRIL

GRUPO AULADE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE EXTREMADURA. BADAJOZ
PROCEDENCIA EXTREMADURA
ESPECTÁCULO QUE MÁS DA
AUTOR JESÚS ALVIZ
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

REPARTO
Diego Luis Carlos Agudo Garzón
Marga Luisa María Amador Penco
Emilio Chema González Corrales
Sra. Adela Mª Ángeles Puerto Torres
Araceli Noelia Jorge Ríos
Mercedes Estefanía Verdejo Marín
Joaquín Iván Fernández Mayo
Lila María Gómez
Muhya Mamen Tena Barata
Mora 1 Noelia Jorge Ríos
Mora 2 Estefanía Verdejo Marín
Mora 3 Mª Ángeles Puerto Torres
Mora 4 Carmen Gómez Toro

Iluminación Desiderio Montero Pérez de las Vacas
Son, escenografía, vestiario, maquillaxe e perruquería ATUEX

DIRECCIÓN
CHEMA GONZÁLEZ CORRALES

A vida de Diego, un sinxelo escritor divorciado altérase por inesperados sucesos que os seus veciños, amigos e demais personaxes levan constantemente á súa casa.
O seu piso, lugar onde Diego crea a súa gran obra teatral, convértese nun espazo onde os sentimentos afloran, así como as continuas idas e voltas da súa peculiar musa, Muhya.
¿Pode que o máis evidente sexa o máis real? ¿Ou todo é relativo e trivial? ¡Que máis dá!

***

GRUPO O SONORO MAXÍN
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO “ CONEXIÓN GALIZA – COLOMBIA ” (CONCERTO)
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€

FORMACIÓN:
Abraham el niño Guitarras
Xurxo Brea Baixo
Cris Asenjo Acordeón
Samuel Agite Figueiras Trompeta e maquinillo
Xaime Mateo Batería e percusión
Ico Voces e guitarra

Neste afán de camiño continuo O Sonoro Maxín anda á procura dun baile sen fin, dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E para iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e traéndoa até a fusión musical do s. XXI.
Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sen fin...
Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo c’O Sonoro Maxín.

*****
*****
*****

LUNS 14 DE ABRIL

GRUPO ASOCIACIÓNS, GRUPOS DE TEATRO, MÚSICOS, PINTORES, ESCULTORES…
PROPOSTA DE ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA REPÚBLICA DE OURENSE
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO ROTEIRO “O VOLTER”
IDEADO POR ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
LUGAR EIRONCIÑO DOS CABALEIROS, PRAZA DO FERRO, RÜA DA PAZ, ESCALEIRAS STA. MARÍA,
MUSEO ARQUEOLÓXICO, A BARREIRA, PRAZA MAIOR, SAN MARTIÑO, ESCAPARATE HNOS. BARROS,
XARDÍNS PADRE FEIJOO, ESCALEIRAS STA. EUFEMIA, LICEO.
HORA 19’00
TARIFA LIBRE

PARTICIPAN

Grupo musical Rusga-Zancolino Produs-Grupo de percusión do Conservatorio-Sonorde-Aula de Teatro Universitaria de Ourense-Grupos de teatro da Universidade Laboral-Grupos de teatro da Casa da Xuventude-Capela Madrigalista-Coral de Manuel de Dios-Xestreu-O sonoro Maxín-Alumnos de Bacharelato Artístico da Universidade Laboral-El Pararrayos-Grupo Tarumba-Banda Municipal-Sarabela Teatro.

Acisclo Manzano, Baltar, Buciños, Xosé Luis de Dios, Chus, Carme, Xosé Gómez Alén, Marisa Calvo, Carme Lorenzo, Teresa Devesa, Fernando, Esteban, Alberto Bahón, Martirio, Concha Abad, Mani Moretón, Lola Fernández, Ánxeles Álvarez, Marián, Martiño, Manuel de Dios, Director do Museo Arqueolóxico, Paco Fariñas, Araceli Gallego, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo,Tito Asorey, Juan Manuel Vázquez Vázquez, Ico, Xulio, Yuri Sidar, Jose Lameiras, Nate Borrajo, Matilde Vázquez, Adolfo Salgado, X.L. Llamas, Camilo Franco, Chisco, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Caneiro.

UNHA PROPOSTA DE Asociación de Amigos da República
DESEÑO GRÁFICO Elena Iglesias e alumnos da Escola “Antonio Faílde”
PLÓTERS E LONAS Oficode
AXTE. PRODUCIÓN E DIRECCIÓN Nate Borrajo

DESEÑO, PRODUCIÓN, DIRECCIÓN E POSTA EN RÚA
ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

O GRUPO VOLTER foi fundado en 1963 por XAIME QUESSADA, JOSÉ LUIS DE DIOS e ACISCLO MANZANO xunto con BUCIÑOS, VIRXILIO, ARTURO BALTAR e XABIER POUSA.
Trátase de facer, con amor e por amor, unha homenaxe viva polas rúas de Ourense a un grupo que Carlos Casares vía “co lume da xuventude aínda faiscándolle nos ollos que todo o querían ver”.
O’VOLTER, antes chamada O TUCHO, recolle, segundo Ferrín, o nome da perdida taberna, bautizada por Risco ao reproducir o nome do Cabaret Voltaire, onde os vangardistas se reunían para deconstruir a cultura do pasado e darlle paso á nova arte. Considerada a Capela Sixtina por Antón Tovar.

***

GRUPO TEATRO SOCIAL. GRUPO DE TEATRO DO CENTRO PENITENCIARIO DE PEREIRO DE AGUIAR
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO SEMPRE HAI ALTERNATIVAS
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 21’00
TARIFA ENTRADA LIBRE. Duración 20’

ACTORES
Marcos, Rogelio, Felipe, Ángel, Alberto, Jose, José María

COORDINADORA RAQUEL CRESPO
Coa colaboración de Javier Millán
Director do Centro Penitenciario Manuel Arias

Teatro Social, consiste na creación dun grupo de teatro formado por internos do centro penitenciario. Este grupo de teatro centrará a súa actividade na preparación de obras curtas que traten temas sociais. Na sociedade actual, cada vez máis comprometida coas problemáticas sociais, aínda se manteñen certas actitudes de rexeitamento con certos colectivos desfavorecidos. O colectivo de persoas que cumpren condena xunto cos inmigrantes, é un dos que peor valoración teñen.
Este feito é unha barreira que afecta á reinserción social dos homes e mulleres que pasan por unha prisión. A reinserción social do colectivo precisa do esforzo de todos, xa que é a todos aos que nos interesa que a persoa que sae de prisión non volva cometer un delito, para elo tanto os Centro penitenciarios como as entidades que colaboramos neste ámbito, loitamos día a día para conseguir ese obxectivo. Por outro lado, búscase o impacto social que sobre os xoves pode ter o feito de coñecer a persoas que están cumprindo condena por comezar de rapaces a consumir drogas. Este é o tema que imos tratar nesta primeira experiencia.
Trátase de escenificar unha metáfora. Unha cadeira moi cómoda acompañada dun cartel que di “perigo - non sentarse” é a protagonista da obra.
Un mozo ve a cadeira e a pesar do cartel prohibitivo, decide sentarse, seguidamente entra outro mozo e segue o mesmo camiño. Van entrando sucesivamente máis mozos, uns desafían o cartel, pero outros, que veñen practicando algunha afección, deciden non sentarse…

***

ACTOR DAVID AMOR
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO NON CENSURE
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’00
TARIFA 2€

Trátase dun texto que se escapa de maneira totalmente voluntaria do politicamente correcto, buscando remover conciencias pero cun sorriso na cara. A escusa é un repaso pola vida do protagonista que ten unha preocupación que o leva a reflexionar sobre distintas vivencias. Pero non se preocupar os asistentes, porque non é un exercicio de filosofía, a preocupación é intrínseca; de feito, cando naceu o noso protagonista, o pai preguntou "¿É neno ou nena?" e o doutor con cara de circunstancia respostou " É preocupado ". O sorriso está garantizado.

*****
*****
*****

MARTES 15 DE ABRIL

GRUPO RASTILHO – Grupo de Artes Representativas
da Faculdade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO OTHELLO
AUTOR WILLIAM SHAKESPEARE
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

REPARTO
Ana Martins - Desdémona, Emília e Bianca
David Cabecinha - Cássio, Brabâncio, Bobo e Ludovico
Diogo Pinto - Iago, Montano e Doge
Sara Maldonado - Desdémona, Emília e Bianca
Susana Quaresma - Desdémona, Emília e Bianca
Vesna Mihelj - Desdémona, Emília e Bianca
Welket Bungué - Otelo, Rodrigo e Graciano

Composición musical e voz – Susana Quaresma
Letras – William Shakespeare e Susana Quaresma
Deseño gráfico – Ana Almeida
Espazo escénico e Deseño de luz – Inês Balsa, Inês Nogueira e Paula Ribeiro
Figurinos e Atrezzo – Inês Ferreira, Marta Onofre e Joana Tavares
Dirección técnica – Paula Ribeiro
Dirección de escena – Inês Nogueira
Sonoridade – Marta Setúbal
Dirección de Produción – David Silva

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
DAVID SILVA

Ambición, envexa, traizón e morte. O mouro Otelo, home destemido e grande guerreiro, casado coa fermosa MOZA Desdémona, tórnase gobernador e nomea ao Tenente Casio como o seu alférez, provocando a envexa de Iago, home cínico que arela o cargo. Para vingarse, Iago envelena a Otelo coas súas palabras, insinuando que a súa esposa Desdémona e o Tenente Casio traizóano. Revelando toda a escuridade da alma humana movida pola sede de vinganza, Otelo mérgullase nas profundidades do comportamento humano.

*****
*****
*****

MÉRCORES 16 DE ABRIL

GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO AS RAÍÑAS
AUTOR Adaptación do texto de WERNER SCHWAB “As presidentas”
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

REPARTO
Modesta Ana Moraña
Carme Beatriz Méndez
Rosa Belén Yáñez

Deseño de espazo escénico, figurinos e iluminación Roberto Salgueiro
Tratamento do espazo escénico Rodrigo Roel
Tratamento vestiario Clotilde Vaello
Maquillaxe Beatriz Méndez, Belén Yáñez
Cartel Elena Tinickaya
Asistencia técnica Raúl Giraldo (Kachet Loxística)
Asistencia de dirección e de escena Saúl Muíños

ADAPTACIÓN LITERARIA E DIRECCIÓN
ROBERTO SALGUEIRO

Tres mulleres que comparten o mesmo espazo, a casa de Modesta, falan e discuten entre elas. Falan da vida, de todo e de nada, para poñer en cuestión a súa sociedade. O texto de Schwab xoga coa linguaxe, co valor soez da palabra e coa propia violencia para rir do home. A nosa proposta trata de acomodar esta historia á realidade do noso país, onde o paso da ditadura franquista á democracia ás veces semella un proceso máis institucional que social.

***

GRUPO CHE Y MOCHE
PROCEDENCIA ARAGÓN
ESPECTÁCULO OUA UMPLUTE
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€

FICHA ARTÍSTICA

KIKE LERA, un magnifico actor e músico de orixe Alto-aragonés á guitarra.
EUGENIO ARNAU, un percusionista, creador plástico e fundador do Museo “La casa del Gaitero” en Aguaron.
TERESA POLYVKA, virtuosa violinista chegada da cidade de Lvov (Ucraína), que sen dúbida encarna con total dereito o papel de primás (solista-violinista da banda cíngara), dirixe musicalmente o proxecto aportando co seu violín unha singular espectacularidade dificilmente igualable nestas terras.
JOAQUÍN MURILLO, Actor-Saxofonista de longa traxectoria no teatro aragonés.

OUA UMPLUTE é un espectáculo a cabalo entre un concerto cíngaro e unha forma teatral de entender a música, o teatro non nos enmascara na representación senón que nos invita a amosarnos, a recoñecernos, proporciónanos xunto coa espectacularidade do repertorio musical a posibilidade de atoparnos co público de calquera idade, lugar ou condición, cunha linguaxe común: a música que é, sen dúbida, o refrexo dunha alma colectiva.

O nome de OUA UMPLUTE, ovo recheo en rumano, describe de forma excepcional o espíritu do grupo; o ovo como símbolo de nacemento e tradición e recheo…. “recheo” de todo.

*****
*****
*****

XOVES 17 DE ABRIL

CHARLA A INDIA, SOCIEDADE E ARTE
PROCEDENCIA INDIA
LUGAR LIVRARÍA TORGA
HORA 19’00
TARIFA ENTRADA LIBRE

***

GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO UBÚ REI
AUTOR ALFRED JARRY
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2 €

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO
Andrés Lorenzo, Dalia Belón, Juan Carlos Corredoira, Juan Rey, Leticia García, Noela Vázquez, Xavier Loureiro

Escenografía Aula de Teatro da Universidade de A Coruña
Vestiario e Maquillaxe Mónica Camaño
Musica Orixinal Aula de Teatro da Universidade de A Coruña
Iluminación Zé Paredes
Axudante de Dirección Laura Mariño

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA
ZÉ PAREDES

É grotesco todo aquilo que resulta cómico por un efecto burlesco, caricaturesco e estraño. O grotesco é visto como a deformación significante dunha forma coñecida e recoñecida como norma. Todo isto se pode recoñecer na propia dramaturxia, pero na montaxe había que investigar o punto de marcha de cada un dos personaxes. Conseguímolo partindo dun efecto sonoro que atribuímos a cada un deles. Así cada un é coma un moneco de caixa de música ao que todos os outros dan a necesaria corda.

***

ACTOR LEO BASSI
PROCEDENCIA EEUU-ITALIA
ESPECTÁCULO LA REVELACIÓN
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5 €

“A nosa época vive un profundo paradoxo. O país que máis fixo no último século por ampliar o perímetro do saber humano e desenvolver os beneficios da tecnoloxía, volveuse tolo e predica o escurantismo.
O poder dos evanxelistas é pouco coñecido en Europa, mais en Estados Unidos transformouse na maior forza política. Son propietarios de grandes cadeas de televisión e xornais, e conseguen influenciar profundamente na sociedade americana.

Os Bufóns, antiga institución e parte tamén esencial da tradición laica, sempre foron profundamente conscientes do que pode pasar cando se perde a batalla da racionalidade, xa que son os máis expostos cando as tebras voltan. Por iso, Leo Bassi decide anticiparse aos tempos e levar a guerra ao campo do inimigo desafiando todas as teoloxías monoteístas con La Revelación.

En Nome da Razón: Que trema a Fe”

*****
*****
*****

VENRES 18

GRUPO CITAC. CÍRCULO DE INICIAÇÂO TEATRAL DA ACADEMIA DE COIMBRA
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO O AVARENTO
TEXTO MOLIÈRE – CITAC 07 – PEDRO PENIM
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2 €

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

INTÉRPRETES
Ana Linda, Cheila, Dana Rodrigues, Gil Mac, José Carlos Pereira, Liliana Abreu, Magui, Maria Inês Cruz, Paula Rita, Pedro Fernandes, Su, Talita, Tessa, Zéquinha

PRODUCIÓN CITAC 07
PRODUCIÓN EXECUTIVA Ana Aidos
DESEÑO DE LUZ Alexandre Mestre, Pedro Penim
TÉCNICO DE LUZ Diana Cordeiro
TÉCNICA DE SON Diana Cordeiro

DIRECCIÓN XERAL
PEDRO PENIM

Todos os personaxes de Molière son xente coma nós, dunha humanidade tan evidente e flagrante e todas elas tan sutilmente definidas e caricaturizadas que atinxen á universalidade.
O Avarento, texto de 1668, é unha comedia “choramingona” do século XVII cunha faceta social.

Valerio salva a vida de Elisa e apaixóase pola moza. O pai dela, Harpagón quere casala con outro home. Cleanto, irmá de Elisa, ama a Mariana, que circula entre pai e fillo. Falta Anselmo, especie de Gato con botas napolitano, un fantoche simpático.
É sobre este fondo de intriga amorosa que nós vamos ver a proxección dese vicio: a avaricia, que atormenta ao burgués egoísta.

***

GRUPO FAMILIA MISHRA (VARANASI-BENARÉS) e OM/OFF
PROCEDENCIA INDIA / INDIA-GALICIA
ESPECTÁCULO MÚSICA-CANTO-DANZA HINDÚ e CONCERTO DE OM/OFF
LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 5€

Pawan kumar mishra. Danza kathak
Gaurav kumar mishra. Harmoniun e voz
Batuk namth mishra. Sitar

GRUPO OM/OFF
Vikas Triparthi. Táboa, outros
Paco Serén. Teclados, guitarras, sitar
Pablo Álvarez. Santoor, guitarra española, arpa celta
Anxo Lorenzo. Flauta e gaita
Viki. Voz

Un espectáculo onde poderemos ver a unha das familias más coñecidas da India amosando o canto e a danza do seu país.
Concerto de OM/OFF, banda de música de fusión onde se combinan pop, jazz, música clásica hindú e folk galego nun estilo neo-etno-electrónico indocéltico. Formado por Vikas Triparthi, famoso músico hindú e destacado intérprete de táboa; Paco Serén (Vigo), músico e compositor ex membro de Los Piratas; Pablo Álvarez (Vigo) músico ex membro de Los Piratas; Anxo Lorenzo, músico especializado na fusión, e a cantante Viki (Benarés)

*****
*****
*****

DOMINGO 20

GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE ZARAGOZA
PROCEDENCIA ARAGÓN
ESPECTÁCULO LAS TRES HERMANAS
AUTOR ANTÓN CHÉJOV
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

REPARTO
OLGA Rosana Sanz Segura
MASHA Elena Echegoyen Sanz
IRINA Beatriz Vargas Molina
NATASHA Mª José Cabanillas Claramonte
ANFISA Vanessa Carolina Pastuña Rea
ANDRÉI Javier Martínez- Losa Zapata
CHEBUTIKIN Félix Sebastián Casabiel
TUSENBACH Luis Adrián Gómez Martínez
VERSHININ Héctor Larena Vasco
KULIGUIN Fernando Usón Forniés
SOLIONI Iván Ramos Fernández

DESEÑO ESPAZO ESCÉNICO Joaquín Murillo
REALIZACIÓN ESPAZO ESCÉNICO Producciones Che y Moche
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Tatoño
VESTIARIO Retales
EQUIPO TÉCNICO Alfredo Mompel e Nacho Gómez
DESEÑO GRÁFICO Cristina Castel
PRODUCIÓN Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Raquel Anadón

DIRECCIÓN
JOAQUÍN MURILLO

“Sexamos tan complexos e tan simples como a vida mesma. A xente cea e ao mesmo tempo logra a felicidade ou destroza a súa vida” (Chéjov)

A acción transcorre nun período de varios anos nun pobo de provincias, a 800 kilómetros ao este de Moscú, onde as irmás Projórov viven xunto ao seu irmán Andréi. Olga, a maior, é mestra nunha escola; Masha está casada infelizmente con Kuliguin, un mestre da mesma escola, e xunto á máis pequena, Irina, soñan con volver a Moscú; Vershinin, o novo tenente da brigada, únese ao grupo formado polo capitán Solióni, o tenente Tusenbach e o médico militar Chebutikin, que se encarga de dicir a quen o escoite que esqueceu toda a medicina que aprendera.
Esta obra amosa marabillosamente diferentes personalidades, relacións e motivacións. Explora a distancia entre a esperanza e a plenitude nas vidas dos Projórov e os seus amigos. Chéjov describíu esta peza como unha obra de comedia, onde no hai heroes nin sucesións de actos tráxicos; os personaxes teñen moitas fallas así como virtudes, pero todas son un gran refrexo da personalidade humana.

*****
*****
*****

LUNS 21

GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO. CAMPUS DE PONTEVEDRA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO TOP GIRLS
AUTOR CARYL CHURCHILL
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€


FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO
María García
Paula Eiroa
Iago Cristóbal
Tareixa Cambeiro
Beatriz Piñeiro
Laura Gómez
Sara Barcia
Emi
Alba Sotelo
Silvia Fernández
Iris Blanco
Miriam Iglesias

VESTIARIO Sonia Rúa
TRADUCCIÓN E AXDTE. DIRECCIÓN Santiago Cortegoso

ESPAZO ESCÉNICO E DIRECCIÓN SALVADOR DEL RÍO

“Top girls” é unha obra que se pode catalogar como feminista, xa que nela hai unha forte crítica á sociedade patriarcal e unha non aceptación do rol que a muller desenvolve na sociedade actual; pero tamén pode considerarse unha obra cun forte contido político, onde se poñen en cuestión as medidas neoliberais que moitos gobernos de países occidentais levaron a cabo a partir dos anos oitenta e que aínda perviven nos nosos días, que provocaron desigualdades sociais e desigualdades no reparto da riqueza. Fundamentalmente é unha obra que fala das relacións humanas, de comportamentos aos que nos vemos obrigados ou que nós mesmos buscamos, nunha sociedade que está organizada baixo as regras e as leis do mercado e na que para trunfar e avanzar na mesma tes que aceptar determinados roles de conducta.

*****
*****
*****

MARTES 22

GRUPO COMPAÑÍA DE TEATRO DA USC - LUGO
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO A RONDA
AUTOR ARTUR SCHNITZLER
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ELENCO
Laura García Recio
Javier Loureiro del Río
Paula Buján López
Marcos Figueroa García
Iria Acevedo Pérez
Manuel Álvarez Lobo
María López Villar
Carlos Martín García
Melania Pérez Cruz

EQUIPO ARTÍSTICO

Vestiario Folla de Parra, S.L.
Espazo escénico Quico Cadaval
Arte final Suso Díaz
Coreografía Juan Carlos Zahera
Técnica vocal Rebeca Montero
Música Matamoros, Weill, Rossinni e Buarque
Equipo Técnico Luzson
Deseño gráfico Marcos Figueroa García
Axudante de dirección Melania Pérez Cruz
Deseño de produción Paloma Lugilde Rodríguez

DIRECCIÓN QUICO CADAVAL

A Ronda de Artur Schnitzler, foi no ano de 1897 unha elaborada mostra de alta comedia e un escalpelo introducido entre o desexo sexual e a hipocrisía da sociedade vienesa. A Ronda é unha carreira de relevos na procura do pracer ou da felicidade. Dez encontros entre unha muller e un home, dez tentativas de paraíso. O soldado, a criada de servir, o burgués, o bohemio, a actriz, a prostituta, parecen levarnos de volta ás operetas resesas da moral burguesa, mais nos últimos tempos parece que regresamos á moral sexual de hai 110 anos. Coito por alimentos, estigmas sexuais, mitos sobre as doenzas de transmisión, tráfico de mulleres, etc, pon de moda de novo o melancólico humor do xudeu Schnitzler. É por iso que o grupo de actrices e actores da Aula de Teatro de Lugo obrigaron a Quico Cadaval a facer unha dramaturxia do vetusto texto vienés. A única advertencia necesaria é a seguinte, que debe aparecer en todos os teatros onde se apresente o espectáculo:

TODOS OS COITOS QUE APARECEN NA REPRESENTACIÓN SON SIMULADOS.

*****
*****
*****

MÉRCORES 23

GRUPO MAUVAISE COMPAGNIE D’EN FACE
PROCEDENCIA BÉLXICA
ESPECTÁCULO PARTITION D’UN MANIFESTE POÉTIQUE
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA

Lynne Entwistle
Julie Burg
Yasmine Tamaz
Jean Philiphe Dauphin
Mario Guzmán Farias

Baseada en poemas de Federico García Lorca e Pablo Neruda. Son poemas do período en Madrid, a guerra civil e a morte do amigo Federico.
Tres persoas en escena, un guitarrista, unha acordeonista e unha actriz, asumen eses textos. Á narración e á música súmanse imaxes que atravesan o século XX.
O espectáculo desenvólvese no que podería ser un modesto cuarto, un soto, unha bufarda. Dúas mulleres viven o seu día cotián. A tenrura e a tranquilidade da atmosfera son arrincadas por visións terribles dunha humanidade que se baña na súa propia traxedia. A morte e a tristura virán ser a compañía das nosas vidas durante longos anos, e todo isto quedará impregnado na nosa memoria e nos nosos actos máis sinxelos.
Neruda pasou gran parte da súa vida perseguido pola historia e os grandes conflitos: a guerra civil en España, a segunda guerra mundial, o golpe de Estado en Chile (que precipita a súa morte), son algúns dos que lle tocou vivir.
O espectáculo non ten un carácter realista. Todo pode confundirse, os personaxes e a historia, o aquí e o agora, ou o que existe entre os dous elementos tempo e espacio. Quen son os que están en escena? Son espectros dos nosos antepasados? Son as voces perdidas no tempo, atrapadas no espazo e que viaxan dun lado a outro repetíndose ata o infindo coma un martelo implacable da memoria colectiva? Ou é somentes e sinxelamente a voz do poeta que se incrustou na nosa carne para transformarse en palabra concreta?
Quizais sexa todo isto, xa que todo se confunde cando a dor pertence a toda a humanidade.

***

GRUPO AULA DE TEATRE. UNIVERSITAT DE VALÈNCIA
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO EL DIA QUE BERTOLT BRECHT VA MORIR A FINLÀNDIA
AUTOR JOSEP LLUÍS I RODOLF SIRERA
LUGAR SALA TEATRAL DO CAMPUS DE OURENSE-EDIFICIO DE HUMANIDADES
HORA 23’00
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

REPARTO
Bertolt Brecht Josep Daniel Tormo
Mirjami Leino Lorena Jiménez
Dona (Personaxes femininos) Anna Marí
Home (Personaxes masculinos) Josep Vicent Valero

Imaxe Isabel Luján
Música Kurt Weill e David Gálvez
Técnica vocal David Gálvez
Vestiario e escenografía Antonio Moreno (A Cantante Calva)
Deseño gráfico Josep Vicent Valero
Deseño de luces Pep Sanchis
Produción executiva Eva López

DIRECCIÓN
PEP SANCHIS e MARÍA P. BOSCH

O texto presenta a recreación, en parte fición e en parte realidade, da vida persoal e profesional do dramaturgo alemán Bertolt Brecht. Toda a peza é unha reflexión constante sobre a condición humana desde o punto de vista da coherencia e das contradicións humanas. A partir de numerosos “flash-backs” e con toques sutís de cabaret e de “music-hall” americán, o espectador vai descubrir os secretos mellor gardados da vida recreada e en parte ficticia de Brecht e das persoas máis próximas a el. Brecht é un humán consciente do seu desenvolvemento como creador e como artista.

*****
*****
*****

XOVES 24

GRUPO PUNTO CLOWN
PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA
ESPECTÁCULO VIDA CLOWNYUGAL
AUTORES SERGIO CLARAMUNT e PUY SALGADO
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 5€

FICHA ARTÍSTICA

ACTORES
Sergio Claramunt
Jimena Cavalleti

AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Cristina Fenollar

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
LUISA GAILLARD-SÁNCHEZ

Max e Mina coñécense nun casting de limpadoras e, a partir dese momento, comezarán a vivir unha relación onde se sucederán toda unha serie de situacións cómicas e poéticas.
En clave de clown desenvólvese esta historia tenra, divertida, irónica, repleta de sorpresas e cercana a todos nós.
Dous pallasos modernos perdidos no seu propio xogo vital…

MAX naceu na hora punta.
O que máis lle gustaba do colexio era ir a clase, as cargas dos bolis e as agullas do compás.
Nunca merca décimos de lotería porque subíu a unha figueira o día que explicaron en 4º as décimas de segundo.
Non ten “hobbies” porque non sabe inglés, pero practica o submarinismo de piscifactoría
Da música clasica prefire a orde ao concerto.
Cando come arroz 3 delicias nunca sabe por cal das 3 empezar, por iso é moi puntual cando non chega tarde.
MINA veu ao mundo cunha manda de cegoñas baixo o brazo.
Foi a 1ª da súa promoción en interesarse por como facían o amor os caracois, e en matemáticas igual lle daba 8 que 80.
Nunca caeu da figueira porque se tiraba cando lle apetecía.
O que máis lle gusta do cine é comer os tomates a mordiscos durante a película.
Cando está de vacacións non está traballando, por iso lle encanta o atún ao tun-tún.
O que máis lles gusta aos 2 do bacallao é o pil-pil, pero aínda non o saben.
Mina quere máis
Max non se conforma con menos
Por iso se coñecen, máis ou menos. Menos mal!

*****
*****
*****

VENRES 25

GRUPO TEATR’UBI e ASTA de COVILHÂ
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO POSSO AVANÇAR? PERGUNTA O CAVALO
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

MONTAXE E INTERPRETACIÓN
Graça Faustino, João Cantador, Mafalda Morão, Nicia Silva, Rui Pires, Sérgio Novo

Co-produción TeatrUBI e ASTA
Dirección de produción Rui Pires
Deseño de luces Pedro Fonseca
Deseño gráfico Sérgio Novo
Escenografía João Cantador
Técnico de luz Philip Bec
Técnico de son José Graça
Montaxe musical Mané Silva
Vestiario TeatrUBI e ASTA
Figurinos Miguel Gigante
Costureira Maria Ramos

COREOGRAFÍA E DIRECCIÓN
CECILIA GÓMEZ

Os intérpretes xogan diferentes xogos de nenos, de integración, de guerra, de culto. Xogan a ser eles e outros, a representar, a danzar. Xogan no seu camiño e na súa historia. No escenario, sucédense ligazóns que están relacionadas con diferentes características do xogo a xogar, como a seriedade e o compromiso que implica ese xogo. Tensión e competición camiñan lado a lado na escena, que vai ser o seu campo de acción e pasatempo.

***

GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID
PROCEDENCIA MADRID
ESPECTÁCULO ENEMIG@S
1º CANCIÓN AL ROJO VIVO
2º CANTAR DEL AMOR Y LA MUERTE
AUTORES 1º: A partir do texto “Mujeres al rojo vivo” de EDURNE RODRÍGUEZ
2º: A partir da película “Paseo polo amor e a morte” de JOHN HUSTON
LUGAR SALA TEATRAL DO CAMPUS DE OURENSE-EDIFICIO DE HUMANIDADES
HORA 23’00
TARIFA 2€

DESEÑADAS, POSTAS EN ESCENA E INTERPRETADAS POR:
Elisa Beltrán
Cristina Castro
Elena del Castillo
Laura del Pozao
Mayte García
Mónica Huerta
Teresa Medina
Cecile Poullain
Paula Sánchez
Jorge Sanz
Mairea Seguí
Sonsoles Tarazona
Silvia Villalgordo

DIRECCIÓN
JORGE AMICH

Coa colaboración de
Germán Bernardo Dramaturxia
Elena del Castillo Música
Mario Martínez Coreografía

Edurne Rodríguez considera que a súa obra trata temas como o amor e o desamor, a vida e a morte, a muller e os seus desexos. A soidade e a compañía latexan nas súas palabras zumegando moita sensualidade, paixón, desexo e suor vital. Todo iso coa presenza da morte.
A película de Huston lévanos a unha historia medieval de camiños radicais e violentos, coa súa maxia teatral de antroido, as súas contradicións, a súa imaxinación, a súa entrega incondicional ao instante, a súa marabillosa incredulidade no seguro, a súa marabillosa credulidade en dragóns e milagres... Todo ilusorio porque o único que importa é o mar inalcanzable. “O mar sempre estará aí, eu non”.

*****
*****
*****

SÁBADO 26

GRUPO GRETUA. Grupo Experimental de Teatro da Universidade de Aveiro
PROCEDENCIA PORTUGAL
ESPECTÁCULO OS FEIOS
TEXTOS DANIIL HARMS
LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ACTORES
Bruno dos Reis, Cristiano Figueiredo, Filipa Portela, João Fino, Nuno dos Reis, Sara Leite

Espazo escénico João Fino, Bruno dos Reis, Nuno dos Reis, João Veludo
Deseño de Luz João Fino
Sonoplastia e Luminotecnia João Veludo, João Fino
Figurinos João Fino, Ágata Sofia, Rosa Peixinho
Produción GrETUA

CONCEPCIÓN ORIXINAL E DIRECCIÓN
JOÂO FINO

As persoas non poden gañar algo sen sacrificar algunha cousa… Debemos ofrecer algo de igual valor para obter outra cousa. Este é o principio do cambio equivalente da Alquimia. Criamos que era esta a verdade do Mundo cando eramos novos.

***

ACTO ENTREGA DOS PREMIOS “CARLOS COUCEIRO” – espectadores e xurado- DA 13ª MITEU
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’00

***

GRUPO AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. MARICASTAÑA
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO 84
AUTOR Dramaturxia baseada en 1984 de GEORGE ORWELL
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23’15
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

REPARTO (Por orde de intervención)
Siro Miguel Martínez
Fenton Suso Mira
Dato Héctor Casas
Muller Raquel Penín
Muller 2 Maica Corbal
Libreira Eva Tato
Ximnasta Marta Pérez
Veciña Paula Dopazo
Fillo Soldado Miguel Estévez
Nai Fani Arjiz
Irmá Silvia Domínguez
Fenton Neno Brais Cidrás
Otoniel Toni Bañobre
Laia María Díaz
Pai Carlos Lesmes
O Partido Todos
Proles Todos

ESCENOGRAFÍA - LUZ Suso Díaz
VESTIARIO - COMPLEMENTOS Tegra
DESEÑO MUSICAL Fernando Dacosta
CARTEL E PROGRAMA Pablo Otero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Galicia Gutiérrez “Gali”

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN FERNANDO DACOSTA

PAI: Hai que loitar contra o océano do mal
FILLO: Pero o océano é moi grande
PAI: Somos moitos, alguén arribará ás costas da liberdade

“84” é a 3ª parte da tetraloxía do Futuro adverso (“O país das últimas cousas” e “Fahrenheit 451”)

*****
*****
*****

DOMINGO 27

GRUPO TEATRO ESTUDIO INTERNACIONAL OF NEW YORK
PROCEDENCIA ESTADOS UNIDOS – REPÚBLICA DOMINICANA
ESPECTÁCULO SEX ON THE BEACH
AUTOR ROY ARIAS
LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

ACTOR
Roy Arias

PRODUCIÓN
Teatro Estudio Internacional

PRODUTOR
Stalin Urbano

ASISTENTE DE PRODUCIÓN
María Joaquina Núñez

SUPERVISIÓN DE DIRECCIÓN
Irma Bello

DIRECTOR ORIXINAL
RAMÓN PAREJA

Espectáculo unipersoal onde tres personaxes teñen en común que alugan o seu corpo; para eles o sexo con estranxeiros é un desafogo económico. É a historia do turismo sexual vista desde o punto de vista da persoa que se deixa usar ou usa ao turista. Esta obra desenvólvese en tres países irmáns cunha historia política moi diferente pero unha historia turística semellante: Cuba, República Dominicana e Porto Rico. En todas as historias estes seres son rexeitados por sociedades nas que paradoxicamente o turismo sexual é fonte de ingresos ademais de estar intrinsicamente vencellado á imaxe do país.


***************************************************************************


13ª MITEU – OS ESPAZOS

TEATRO PRINCIPAL

VE 11 CORDELIA – OURENSE Á DERIVA 21’00
VE 11 QUICO CADAVAL A VIDA DURA 23’00
SA 12 AULA DE ALICANTE EL BLUES... 20’30
DO 13 AULA DE BADAJOZ QUE MÁS DA 20’30
LU 14 C. PENITENCIARIO P.A. SEMPRE HAI ALT... 21’00
LU 14 DAVID AMOR NON CENSURE 23’00
MA 15 RASTILHO DE LISBOA OTHELLO 20’30
ME 16 AULA DE SANTIAGO AS RAÍÑAS 20’30
XO 17 AULA DA CORUÑA UBÚ REI 20’30
VE 18 CITAC DE COIMBRA O AVARENTO 20’30
DO 20 AULA DE ZARAGOZA LAS TRES HERMANAS 20’30
LU 21 AULA DE PONTEVEDRA TOP GIRLS 20 30
MA 22 AULA DE LUGO A RONDA 20’30
ME 23 MAUVAISE... DE BÉLXICA PARTITION D’UN... 20’30
XO 24 PUNTO CLOWN - VALENCIA VIDA CLOWNYUGAL 20’30
VE 25 TEATR’UBI DE COVILHÂ POSSO AVANÇAR? ... 20’30
SA 26 MARICASTAÑA – OURENSE 84 23’00


AUDITORIO

SA 12 STRANNIKI – BIELORRUSIA... MÚSICAS DO MUNDO23’00
DO 13 O SONORO MAXÍN CONCERTO 23’00
ME 16 CHE Y MOCHE – ZARAGOZA OUA UMPLUTE 23’00
XO 17 LEO BASSI LA REVELACIÓN 23’00
VE 18 OM/OFF – INDIA DANZA/MÚSICA INDIA 23’00
SA 26 GRETUA DE AVEIRO OS FEIOS 20’30
DO 27 TEATRO ESTUDIO INTER.-EEUU SEX ON THE BEACH 20’30


CAMPUS. SALA TEATRAL DO EDIFICIO DE HUMANIDADES (SOTO DO EDIFICIO DE FERRO)

ME 23 AULA DE VALENCIA EL DIA QUE B. BRECH 23’00
VE 25 A. DA AUTÓNOMA DE MADRID ENEMIG@S 23’00


CAFÉ AURIENSE

SA 12 AULA DE ALICANTE SOL@ ANTE EL PELIGRO1’00 (Sábado para domingo)


LIVRARÍA TORGA

XO 17 MÚSICOS DA INDIA Charla sobre a sociedade e a arte India 19’00


RÚA

VE 11 ROSAURA – OURENSE OLLAR O MUNDO 19’00
VE 11 NANNY COGORNO - ARXENTINA JUJURUJAJÁ 19’45
VE 11 MISS VERO - ARXENTINA DIVINA DE LA MUERTE 19’45
LU 14 COLECTIVOS OURENSÁNS ROTEIRO O VOLTER 19’00
VARIOS MOTARRAS DA MITEU PROMOCIÓN 19’30



***********************************************************************


A 13ª MITEU - GRUPOS E ACTIVIDADES

TEATRO UNIVERSITARIO

AULA DE OURENSE. GRUPO ROSAURA VE 11 19’00 RÚA DO PASEO
AULA DE OURENSE. GRUPO CORDELIA VE 11 21’00 PRINCIPAL
AULA DE ALICANTE SA 12 20’30 PRINCIPAL
AULA DE ALICANTE SA 12 1’00 AURIENSE
AULA DE BADAJOZ DO 13 20’30 PRINCIPAL
RASTILHO DE LISBOA MA 15 20’30 PRINCIPAL
AULA DE SANTIAGO ME 16 20’30 PRINCIPAL
AULA DA CORUÑA XO 17 20’30 PRINCIPAL
CITAC DE COIMBRA VE 18 20’30 PRINCIPAL
AULA DE ZARAGOZA DO 20 20’30 PRINCIPAL
AULA DE PONTEVEDRA LU 21 20’30 PRINCIPAL
AULA DE LUGO MA 22 20’30 PRINCIPAL
AULA DE VALENCIA ME 23 23’00 CAMPUS
TEATR’UBI DE COVILHÂ VE 25 20’30 PRINCIPAL
AULA DA AUTÓNOMA DE MADRID VE 25 23’00 CAMPUS
GRETUA DE AVEIRO SA 26 20’30 AUDITORIO
AULA DE OURENSE. MARICASTAÑA SA 26 23’00 PRINCIPAL


TEATRO PROFESIONAL /GRUPOS INVITADOS

NANNY COGORNO – ARXENTINA VE 11 19’45 RÚA DO PASEO
MISS VERO – ARXENTINA VE 11 19’45 RÚA DO PASEO
QUICO CADAVAL VE 11 23’00 PRINCIPAL
DAVID AMOR LU 14 23’00 PRINCIPAL
CHE Y MOCHE – ZARAGOZA ME 16 23’00 AUDITORIO
LEO BASSI XO 17 23’00 AUDITORIO
MAUVAISE COMPAGNIE D’EN FACE–BÉLXICA ME 23 20’30 PRINCIPAL
PUNTO CLOWN – VALENCIA XO 24 20’30 PRINCIPAL
TEATRO ESTUDIO INTERNACIONAL–EEUU DO 27 20’30 AUDITORIO


CONCERTOS

STRANNIKI – BIELORRUSIA,UCRAÍNA,GALICIA SA 12 23’00 AUDITORIO
O SONORO MAXÍN DO 13 23’00 AUDITORIO
FAMILIA MISHRA–INDIA e GRUPO OM/OFF VE 18 23’00 AUDITORIO


OUTRAS ACTIVIDADES

ROTEIRO O VOLTER LU 14 19’00 RÚAS DA CIDADE
T. SOCIAL. CENTRO PENITENCIARIO P.A. LU 14 21’00 PRINCIPAL
CHARLA SOCIEDADE E ARTE NA INDIA XO 17 19’00 LIVRARÍA TORGA
COLOQUIOS AO REMATE DAS FUNCIÓNS TODOS OS DÍAS FUNCIÓNS DAS 20’30
PROMOCIÓN MOTARRAS DA MITEU VARIOS DÍAS 19’30 RÚAS
PREMIOS DA 13ª MITEU SA 26 23’00 PRINCIPAL
ENCONTROS COA PRENSA TODOS OS DÍAS -12’00-LICEO


EXPOSICIÓN DE MIGUEL DACOSTA
“SOMOS POLDROS INDOMABLES PARA BEN OU PARA MAL,
PREFIRO SER “CUATRERO” QUE TAPÓN DA LEI”
DO 11 AO 27 DE ABRIL
COMISARIA DA EXPOSICIÓN: CARMEN DACOSTA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL


************************************************************


ORGANIGRAMA 13ª MITEU

DIRECTOR
Fernando Dacosta

COORDINADORA
Elena Seijo

RELACIÓNS PÚBLICAS
Fina Calleja

PROTOCOLO
Sabela Gago

VOTACIÓNS E CAMISETAS
Flor R. Figueroa

AXUDANTES DE COORDINACIÓN
David Varela e Héctor Casas

TÉCNICOS DA MOSTRA
José Manuel Bayón, Rubén Dobaño.
Técnicos do Teatro Principal e Auditorio.

DESEÑO GRÁFICO
1:Media. Deseño e comunicación

FIGURAS PREMIOS
Pablo Otero - Orfebres del Arte

FOTOGRAFÍA E GRAVACIÓN
Alba Vázquez Carpentier

EQUIPO COLABORADOR-ORGANIZADOR
Ánxeles Cuña, Begoña Muñoz, Tito Asorey, Nate Borrajo. Aula de Teatro Universitaria de Ourense

VICERREITOR DO CAMPUS DE OURENSE
Juan Francisco Gálvez

TÉCNICO DE CULTURA DO CAMPUS DE OURENSE
Filemón Rivas

CONCELLEIRA DE CULTURA
Isabel Pérez

DIRECTORA DO TEATRO PRINCIPAL
Olga Mojón

DELEGADO DE CULTURA
Xosé Carlos Sierra

AGRADECEMENTOS
Fira del teatre de Tárrega
Festiclown
María Xoaquina Núñez e o Instituto Cervantes de New York
Roberto Vila
Raquel Penín
Por entender que o teatro fai cidade e ceder os seus escaparates: Springfield – Cortefiel – Trendy – Toypes - Pronovias

Aos que apoiades á Miteu, coa vosa presenza, co voso cariño, co voso interese, coa vosa ollada limpa



*********************************************************************************

PATROCINADORES

CAMPUS DE OURENSE (UNIVERSIDADE DE VIGO)
CONCELLALÍA DE CULTURA (TENECIA DE ALCALDÍA DO CONCELLO DE OURENSE)
TEATRO PRINCIPAL (DEPUTACIÓN PROVINCIAL)
CONSELLERÍA DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA
XACOBEO


COLABORADORES

CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE OURENSE
LICEO


ORGANIZADORES

SARABELA TEATRO



Moi pronto seguirás a MITEU, a MOTI e a Aula de Teatro Universitaria de Ourense en www.miteu.es

Tamén podes seguirnos nas páxinas da Universidade de Vigo-Campus de Ourense e en www.sarabelateatro.com